Noticias e alertas

‼️ Perante as dúbidas e consultas que recibimos nos últimos días sobre a exención do pagamento do Imposto sobre Vehículos de Tra...

30/04/2024

‼️ Perante as dúbidas e consultas que recibimos nos últimos días sobre a exención do pagamento do Imposto sobre Vehículos de Tracción mecánica por minusvalía informámosvos dos cambios que se produciron no mesmo



📃 Actualmente, para poder seguir gozando da exención do pago do IVTM por minusvalía será preciso presentar unha copia do certificado de minusvalía en grao igual ou superior ao 33% ou a tarxeta acreditativa emitida pola Xunta de Galicia



📥 Dita presentación poderá facerse tanto no Rexistro do Concello como na Sede Electrónica da Deputación de Lugo ou no enderezo electrónico recaudalugo@deputacionlugo.org



🤔 Pero, por qué se produce este cambio? Pois debido a un novo criterio fixado pola xurisprudencia nesta materia



🧑🏽‍⚖️ E é que a Sala do Social do Tribunal Supremo lembra que a discapacidade e a incapacidade laboral non son equiparables a efectos fiscais e reitera que o recoñecemento dunha pensión de incapacidade non dá dereito ao recoñecemento automático do 33% de discapacidade ou minusvalía, e polo tanto, non dá dereito á concesión da exención do pagamento do IVTM por minusvalía



📑 En consecuencia, conforme ao artigo 93 do RDL 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas sociais, deberá esixirse do contribuínte o certificado de minusvalía en grao non inferior ao 33% para conceder ou manter o recoñecemento da exención por minusvalía no IVTM



👩‍🦼 E polo tanto, as administracións locais vense na obriga normativa de solicitar aos contribuíntes a presentación da documentación xustificativa mencionada (copia do certificado de minusvalía ou tarxeta acreditativa) para que poidan seguir gozando da exención por minusvalía do pagamento do IVTM no ano 2024 e seguintes



➕ Para máis información están habilitadas as seguintes canles de comunicación coa Deputación de Lugo:



📞 982.242.315 ou 982.242.728

📧 negoc.circulacion@deputacionlugo.org



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies