Noticias e alertas

✍🏼 O vindeiro 15 de maio a escritora, tradutora e intérprete lucense, María Reimóndez, visita Vilalba!

01/05/2024

✍🏼 O vindeiro 15 de maio a escritora, tradutora e intérprete lucense, María Reimóndez, visita Vilalba!



📚 Cunha admirable traxectoria literaria Reimondez é autora de varias novelas, títulos de literatura infantil e xuvenil e ensaios



🏫 Concretamente, a autora, que estudou no IES Basanta Silva regresará ás aulas que a viron formarse para falar dos seus libros 'Furia' e 'Corredora' a partir das 11:30



🕡 Xa pola tarde, ás 18:30, María Reimóndez desprazarase ata a Biblioteca Municipal de Vilalba para conversar co Club de Lectura, e con todos/as os/as que se queiran achegar, arredor da súa novela 'A dúbida'



🕗 E finalmente, para concluír o seu percorrido pola capital chairega, Reimóndez achegarase ata o local do Instituto de Estudos Chairegos, na Casa da Cultura, para falar da súa recente publicación 'A Casa do Amo'



🗣️ Unha xornada de encontros literarios cos que a Biblioteca Municipal, xunto o IES Basanta Silva e o Instituto de Estudos Chairegos pretenden render homenaxe á admirable carreira literaria de María Reimóndez e aproveitar para poñer en valor a súa figura



🔗 Podes inscribirte á visita na Biblioteca Municipal (18:30 h.) na seguinte ligazón: https://forms.gle/f1yB4iKywXZAdQDRA



#alcaldia #concelleríaeducación #concelleríainfanciaexuventude #biblioteca #municipal #lectura #reimóndez #furia #corredora #adúbida #acasadoamo #Concello #Vilalba



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies