Noticias y alertas

👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Turismo, María Xosé Fernández,...

02/05/2025

👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira de Turismo, María Xosé Fernández, asistiron hoxe á inauguración da 8ª edición de Expocidades, a feira de turismo de proximidade do Eixo Atlántico que se celebra esta fin de semana en Sarria



🗣️ Rouco valorou a participación en Expocidades como “unha gran oportunidade para dar a coñecer a riqueza histórica, cultural e gastronómica da nosa vila nunha feira que fomenta o turismo de proximidade e a conexión entre os municipios do Eixo Atlántico”



🤝 Unha oportunidade que é posible grazas á recente adhesión de Vilalba ao organismo de cooperación transfronteiriza no pasado mes de febreiro



🔙 "Era unha iniciativa coa que levabamos anos insistindo. Cando chegamos ao goberno amosamos oficialmente o noso interese en entrar no Eixo Atlántico mediante unha carta que eu mesma dirixín ao secretario xeral do organismo e este ano fíxose realidade”, explicou Marta Rouco



🔝 Pola súa banda, a concelleira de Turismo, María Xosé Fernández, subliñou “a importancia de estar presentes neste tipo de encontros e intercambios culturais onde Vilalba ten moito que ofrecer e amosar a potenciais visitantes”



🧀 María Xosé Fernández explicou tamén que “ademais da presenza co noso posto fixo na feira, Vilalba terá un protagonismo destacado na xornada do sábado a través dunha degustación de queixo San Simón da Costa e do roscón vilalbés”



🔜 Finalmente, a alcaldesa, Marta Rouco, adiantou que “a vindeira semana, a través doutra das iniciativas do Eixo Atlántico, recibiremos na nosa vila a alumnado de intercambio de Guimarães, ao que tamén lle amosaremos a riqueza cultural e histórica de Vilalba”



#alcaldia #turismo #expocidades #eixoatlantico #sarria #concellodevilalba































Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies