22/05/2025
🏟️ O Estadio Municipal da Madalena será a sede da final do campionato galego de fútbol 8 este 🗓️ sábado 24 de maio
🆚 Unha cita que congrega ás categorías inferiores de 9 equipos galegos: CD Calasanz, UD Ourense, ED Val Miñor Nigrán, Victoria CF, RC Deportivo, RC Celta, AD Vila do Corpus, Fabril FC e EF Denis Suárez
🗣️ E que “atraerá a preto dun milleiro de persoas á nosa vila, o que repercute directamente na actividade do comercio e a hostalaría local”, subliñou a alcaldesa, Marta Rouco
🫂 Rouco amosouse “moi agradecida e satisfeita porque sexa Vilalba a sede deste evento deportivo que levará a centos de familias a desprazarse ata a nosa vila, o que se traduce nunha maior actividade económica e visitantes que coñecerán Vilalba e o seu encanto”
⚽️ Os encontros comezarán ás 11:00 do sábado 24 de maio coas semifinais
🏆 As finais e o terceiro e cuarto posto de cada categoría disputaranse pola tarde, dende as 15:30 horas ata as 17:30
😃 Animádevos a vivir con nós o fútbol 8!
#alcaldia #deportes #campionatogalego #futbol8 #concellodevilalba
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies