Noticias e alertas

♻️ O Concello de Vilalba conta desde onte con cinco novos vehículos para mellorar o servizo de recollida de lixo e limpe...

18/09/2025

♻️ O Concello de Vilalba conta desde onte con cinco novos vehículos para mellorar o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria.
👉 O novo contrato de recollida e limpeza, que entrou en vigor a principios de ano, contempla a adquisición de 11 vehículos (cinco para a recollida de residuos e seis para a limpeza viaria), ademáis da renovación da totalidade dos colectores e papeleiras.
Nas presentación dos cinco primeiros vehículos, estiveron a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; o concelleiro de Servizos, Eduardo Vidal; o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, e representantes da empresa FCC e a UTE Vilalba Limpo.
“Hoxe damos un paso importante na posta en marcha do novo contrato de recollida e limpeza, cunha aposta clara pola nosa parte para mellorar o servizo tanto no casco urbano como nas parroquias, adaptándoo a realidade actual de Vilalba e dando resposta ás demandas veciñais”, asegurou a alcaldesa, Marta Rouco.
Xa forman parte do servizo dous camións co sistema de recollida de carga traseira, especialmente pensados para a recollida de residuos na zona rural.
Os outros tres vehículos son para a limpeza viaria: unha barredora de beirarrúas de alta capacidade, un furgón hidrolimpador con auga quente de alta presión e unha furgoneta de inspección eléctrica para facer labores e seguimiento de vixiancia do servizo.
A compra dos cinco vehículos supuxo un investimento de 513.624 euros, que está englobada dentro dun investimento total de 2.124.371 euros, unha vez estén incorporados todos os vehículos, a maquinaria auxiliar, colectores e papeleiras.
#alcaldía #Vilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies