Noticias y alertas

👉 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou hoxe na Feira Indiana da parroquia de Santaballa “a importancia de mant...

20/09/2025

👉 A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou hoxe na Feira Indiana da parroquia de Santaballa “a importancia de manter viva a memoria do que supuxo a emigración desde aquí a Cuba a principios do século XX para entender e mirar con outros ollos os fenómenos migratorios de hoxe en día”.
📸 Na XV edición da Feira Indiana da Liga Santaballesa estivo tamén a deputada provincial Marisol Morandeira, que inaugurou a xornada xunto a Marta Rouco; Marcelino Fernández, do Consello da Cultura Galega; Isidro Cillero, presidente da Liga Santaballesa, e Daniel Vázquez, historiador. Asistiron tamén a concelleira de Cultura de Vilalba, Mónica González; a concelleira de Turismo e Comercio, María Xosé Fernández, e a concelleira de Ensino e Infancia, Paula Vigo.
✍️ “Un pracer estar aquí cada ano para render homenaxe ás persoas que emigraron pero á vez deixaron un valioso legado en Vilalba”, engadiu a alcaldesa, que agradeceu "o traballo da Liga Santaballesa para manter viva a súa historia".
👌 O programa da feira incluiu unha proba ciclista, exposicións, xantar popular, actuacións musicais e feira de artesanía.
#feiraindiana #santaballa #vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies