Noticias e alertas

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa...

29/09/2025

✅ O persoal da Brigada de Obras e Servizos Municipais, baixo a xestión da Alcaldía e a concellería de Servizos, traballa cada día no acondicionamento do noso concello, dando resposta ás demandas veciñais.
⚒️ A semana pasada realizáronse entre outras actuacións:
👉 Arranxos en parques infantís, paseo fluvial e canaletas de evacuación de pluviais.
👉 Acondicionamento do xardín das Fontiñas.
👉 Recollida dun corzo ferido por atropelo en vía pública.
👉 Tarefas de desbroce: taúdes do Polígono e alto da Forca; Fontiñas e contorna do punto de recollida de plásticos agrícolas en Goiriz; Contorna da Escola de Oleiros e camiño público en Alba.
👉 Recollida de mobles e enseres na Casa do Concello, CEIP Ínsua Bermúdez e Escola Infantil Municipal.
👉 Recollida de material e mobiliario na Liga Santaballesa (festa indiana)
👉 Limpeza de alcorques da avenida Terra Chá e avenida de Galicia.
👉 Pintado dunha praza de estacionamento diante do Lois Peña Novo.
👉 Segado dos parques Rosalía de Castro e Escola Infantil Municipal.
👉 Retirada de vexetación invasora na Ferrería.
👉 Colocación e lavado a presión de diverso mobiliario urbano na rúa Benxamín Paz.
👉 Lavado do chan do pavillón do CEIP Terra Chá de Román
👉 Colocación de sinais na rúa de Guitiriz e na ponte do Escourido (balsa pequena).
👉 Retirada de árbores na ponte do Escourido.
👉 Traballos varios de acondicionamento na travesía dos Pasos.
👉 Transporte de material ao Centro Ocupacional.
👉 Traballos varios en instalacións municipais e arranxos na rede eléctrica municipal.
👉 Tarefas derivadas das incidencias comunicadas a través da Línea Verde.
Grazas!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies