Noticias y alertas

📋️️🎭 A Concelleira de #Cultura, Mónica González, anuncia a posta en marcha dunha nova edición da Escola Municipal de #...

22/01/2026

📋️️🎭 A Concelleira de #Cultura, Mónica González, anuncia a posta en marcha dunha nova edición da Escola Municipal de #Teatro, e que dará comezo o vindeiro xoves 5 de febreiro de 2026.
‼️ℹ️ De maneira excepcional, neste curso 2026 a actividade desenvolverase de febreiro a xuño e vai ser carácter totalmente gratuíto ✅️
Coa Escola Municipal de Teatro, o Concello busca fomentar a creatividade e a expresión das persoas participantes, ofrecendo unha alternativa de lecer e cultural para todos os veciños e veciñas 🙂
A Escola está dirixida a diferentes grupos de idade e ofrece unha #formación teatral adaptada a cada nivel.
⏰ ️#Horarios das clases e #prazas dispoñibles ⏰️
🟢 Grupo Infantil (De 6 a 10 anos) Todos os xoves de 17:30 a 18:30h ➡️ Número de prazas: 1️⃣2️⃣
🔵 Grupo Xuvenil (De 11 a 17 anos) Todos os xoves 18:30 a 20:00h ➡️ Número de prazas: 1️⃣2️⃣
🟠 Grupo Adultos (A partir dos 18 anos) Todos os xoves de 20:15 a 22:15h ➡️ Número de prazas: 2️⃣0️⃣
📋 #Inscricións 📋
ℹ️ O prazo de inscrición estará aberto dende este momento ata o 3 de febreiro ás 14:00h, e poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello de Vilalba (https://vilalba.sedelectronica.es/board) ou mediante rexistro presencial no Concello.
👉 Existe un número limitado de prazas, polo que a admisión realizarase por riguroso orde de rexistro das solicitudes.
⚠️ Condicións de realización ⚠️
ℹ️ A realización das clases quedará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnado inscrito que garanta a viabilidade do grupo.
No caso de non acadarse un mínimo de cinco (5) alumnos/as rexistrados/as, a actividade non se levará a cabo.
ℹ️ Aquí o enlace para descargar a folla para facer a solicitude 👇
https://www.vilalba.gal/…/o-concello-abre-as-inscricions-d…/
#ConcelleríaDeCultura #Vicealcaldía #Vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies