✅ A Alcaldía de Vilalba xestionou e impulsou no 2025 obras e investimentos cun orzamento conxunto superior aos 3,5 millóns de euros.
👌 Unha parte das obras realizadas financiáronse con fondos propios do concello, pero outras moitas aprobáronse grazas aos convenios e achegas xestionadas pola alcaldesa, Marta Rouco, con outras administracións, principalmente a Deputación de Lugo e o goberno do Estado.
✍️ “É moi necesario xestionar acordos con outras administracións, porque nun concello como Vilalba temos un orzamento limitado e condicionado por partidas como a da Axuda no Fogar”, lembra Marta Rouco, que lamenta “que Vilalba non exista para a Xunta desde o ano 2019”.
“Todos os proxectos e actuacións dan resposta a unha programación previa que realizamos no concello para mellorar os servizos públicos, fixar poboación e facer de Vilalba un bo lugar para vivir, traballar e conciliar”, engade a alcaldesa.
Obras con fondos propios
👉Pista multiocio Campo da Feira.
👉Novos Farois LED Praza Constitución.
👉Alumeado na rúa Basanta Silva.
👉Área autocaravanas.
👉Renovación Rúa Benxamín Paz.
👉Estrada O Castro - Gondaísque.
👉Primeiro andar Biblioteca Municipal.
👉Renovación rúa Bispo Varela.
👉Avenida de Cospeito entre as rúas Foz e Abadín.
👉Rexeneración Travesía Foz.
👉Rexeneración firme rúa do Rego.
👉Vial barrio de Paraños (Lanzós)
👉Acceso a vivendas en Sancovade.
👉Vial en Coto, Mourence.
Convenios e achegas doutras administracións
👉 Rehabilitación Casa do Concello.
👉Melloras CEIP Mato Vizoso.
👉Rexeneración LU-P-6513.
👉Estrada Vilate a Ribado.
👉Sistema sombra Avda. terra Chá.
👉Máis de 15 quilómetros de pistas renovadas nas parroquias.
👉Mellora do alumeado no polígono.
👉Cuberta da Casa da Cultura.
👉Novo Punto de Atención á
Infancia (PAI).
👉Parque infantil Rosalía de Castro.
👉Accesos Barrio de Fontiñas.
👉Renovación de firme nas rúas Castiñeiro, Acivro e Salgueiro.
#obras #alcaldía #vilalba