Noticias y alertas

📋 O Vicealcalde Modesto Renda presentou onte un pioneiro #proxecto para a creación dun Centro de Procesamento e Transfo...

27/02/2026

📋 O Vicealcalde Modesto Renda presentou onte un pioneiro #proxecto para a creación dun Centro de Procesamento e Transformación do Mel, onde os produtores/as locais poidan procesar de xeito totalmente gratuíto e sen necesidade de inversión.
ℹ️ Un ambicioso plan, centrado na rehabilitación total da Escola da Pedragosa, San Simón, e que o Concello pretende convertir nun moderno centro de transformación, coa instalación de maquinaria de última xeracion e que incluirá 👇
✅️ Unha #Desoperculadora automática.
✅️ Un #Madurador calefactable de 70 litros.
✅️ Un #Cerificador para 20 cadros.
✅️ Un #Extractor eléctrico 6c.
✅️ Unha Envasadora premium con soporte.
✅️ E un BancoDeDecantacion para o filtrado.
🏭 Ademais, instalarase 👇
✅️ Un novo pavimento multicapa antideslizante e apto para industrias.
✅️ Un moderno lavadeiro industrial.
🏭 E tamén 👇
✅️ Pintarase toda a de zona de actuacion.
✅️ Renovanse as luminarias, substituíndoas por outras de tecnología LED,
✅️ E mellorase na accesibilidade, suprimindo as barreiras arquitectonicas coa ampliación da actual rampla en hormigón desactivado e a colocación dunha barandilla de aceiro lacado.
📩 Tal e como explicou Renda, o Concello vén de presentar a documentación necesaria para optar ó programa de axudas para 'Proxectos de creación mellora e ampliación de servizos básicos' da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e é por isto que, co ánimo de cumprir cos criterios que se esixen no mesmo, o Centro de Procesamento e de Transformación contará con servizos como 👇
✅️ Un aparcabicicletas co fin de favorecer unha mobilidade sostible.
✅️ Un colector de aceite usado para favorecer a reciclaxe.
✅️ Un PuntoVerde de recollida de pilas, tapóns e todo tipo de bombillas e equipos electrónicos.
✅️ E mellorarase a sinalización da parroquia nas zonas adxacentes.
ℹ️ O custe total do proxecto ascende aos 38.700 euros e o obxectivo da Vicealcaldía é contribuír a complementar as economías familiares e a xerar oportunidades de desenvolvemento e emprego no rural.
InfraestruturasRurais Vicealcaldía Vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies