Noticias y alertas

🎼 Este domingo pecharemos a IX Mostra Musical do @eixo_atlantico cun gran acto de clausura aberto ao público no Auditor...

22/05/2026

🎼 Este domingo pecharemos a IX Mostra Musical do @eixo_atlantico cun gran acto de clausura aberto ao público no Auditorio Municipal.
🕓 A cita comezará ás 16:00 horas e será unha oportunidade única para que os veciños e veciñas poidan formar parte dun evento internacional que, por primeira vez, recala na nosa vila convertendo Vilalba nun referente musical da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
🎶 O acto contará coa actuación musical do dúo Xeosmina, formado por Noelia Geada e David Taboada, ademais da homenaxe ao músico portugués António Saiote, unha das figuras máis destacadas da música portuguesa, cun recoñecemento á súa traxectoria e unha actuación musical na súa honra.
🏆 Durante a gala tamén terá lugar a entrega de premios da Mostra Musical e as intervencións institucionais, nunha xornada pensada para celebrar a música, o talento novo e a importancia da cultura como punto de encontro entre territorios.
✨ Un evento especial para desfrutar da música en directo e vivir desde dentro o peche dunha fin de semana histórica para Vilalba arredor da IX Mostra Musical do Eixo Atlántico.
#alcaldia #mostramusical #actoclausura #entregadepremios #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies