✅ Seguimos avanzando na mellora das pistas municipais.
📍 O barrio de Pude, en San Simón da Costa, está a ser obxecto estes días da rexeneración integral do firme por parte do equipo de riego do parque móbil da @depulugo.
🚜 Sobre esta vía municipal, de 1,2 quilómetros de lonxitude, estase levando a cabo un importante traballo de mellora mediante a aplicación de 4 capas de pedra e 3 de rego asfáltico.
➕ O equipo de terra continúa coa limpeza e apertura de cunetas na vía que conecta o barrio da Ribeira coa parroquia de Samarugo, nun tramo de case 3 quilómetros.
👥 A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández estiveron hoxe comprobando o avance das actuacións que permiten seguir mellorando progresivamente as infraestruturas viarias do rural vilalbés.
#alcaldia #parquemóbil #pistas #rural #concellodevilalba