‼️ O colector amarelo non é para todo.
♻️ Nos últimos días apareceron en colectores de envases plásticos restos de 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗶𝗮𝗻𝗮𝘀 𝗲 𝗱𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗼 𝗺𝗮𝘁𝗲𝗿𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗼𝗯𝗿𝗮 que non se poden depositar neles. Facer un bo uso dos colectores axúdanos a manter o servizo, mellorar a reciclaxe e evitar custos innecesarios para todos e todas.
👀 Lembra:
🟡 𝗖𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿 𝗮𝗺𝗮𝗿𝗲𝗹𝗼 → envases de plástico, latas e briks
🔵 𝗖𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿 𝗮𝘇𝘂𝗹 → papel e cartón
🟢 𝗖𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿 𝘃𝗲𝗿𝗱𝗲 → envases de vidro
🟤 𝗖𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿 𝗺𝗮𝗿𝗿𝗼́𝗻 → restos orgánicos
⚫ 𝗙𝗿𝗮𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗿𝗲𝘀𝘁𝗼 → residuos que non teñen recollida selectiva
🚫 Persianas, restos de obra, mobles, colchóns, electrodomésticos ou outros residuos voluminosos 𝗻𝗼𝗻 𝗽𝗼𝗱𝗲𝗻 𝗱𝗲𝗽𝗼𝘀𝗶𝘁𝗮𝗿𝘀𝗲 𝗻𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗿𝘂́𝗮. Para estes casos tes dúas opcións:
📍 𝗣𝘂𝗻𝘁𝗼 𝗹𝗶𝗺𝗽𝗼 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹 (no Polígono Industrial)
🕒 Aberto de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00 e sábados (xullo e agosto pechado) en horario de 10:00 a 14:00.
📦 𝗦𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶́𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗹𝗹𝗶𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝘃𝗼𝗹𝘂𝗺𝗶𝗻𝗼𝘀𝗼𝘀
Só tes que chamar ou escribir ao 671 606 099 e concretar a recollida para que pasen polo domicilio.
Entre todos e todas facemos unha Vilalba máis limpa e máis sostible. ❤️
#alcaldía #servizospúblicos #residuos #reciclaxe #concellodevilalba