🔥 Esta noite celebramos unha das tradicións máis especiais do ano, pero debemos facelo con responsabilidade.
👀 Se vas facer fogueira, lembra:
🌳 Respectar as distancias de seguridade con outros elementos (vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos, zonas vexetais,…).
📏 Non superar as dimensións permitidas (3 metros de alto por 4 de diámetro).
🚫 Non queimar materiais perigosos ou tóxicos.
🪣 Protexer o chan e contar cun sistema de extinción.
👀 Non deixar nunca a fogueira sen vixilancia.
🌬️ En caso de vento que poida dificultar a vixilancia e extinción, apagala.
⚠️ E lembra que a persoa solicitante é responsable dos posibles danos que poida ocasionar a queima.
✨ Feliz noite de San Xoán e que sexa moi máxica para todos e todas! 🌙🧙♀️
#alcaldía #sanxoán #fogueiras #precaución #concellodevilalba