🎶 O verán en Vilalba terá unha nova banda sonora.
☀️ A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández, presentaron hoxe “Seráns con son”, unha nova proposta musical para desfrutar das tardes de verán ao aire libre cun total de 7 actuacións na alameda Basanta Olano ás 20:30 horas.
📍 Todos os xoves de xullo, o primeiro de agosto e unha cita especial o 11 de agosto, na previa do eclipse solar.
✅ Un ciclo que conta coa colaboración de A Pravia, Xanela, Esmorga e Momentos, e que nace para seguir enchendo de vida os nosos espazos públicos e ampliar as opcións de ocio para veciños, veciñas e visitantes.
Porque esta programación non chega soa: forma parte dunha aposta máis ampla por facer de Vilalba unha vila activa, con propostas durante todo o ano e con espazos para compartir, desfrutar e facer comunidade ❤️
✨ Este verán…garda os xoves para Vilalba! 🎵
#alcaldía #seránsconson #concertos #veránenvilalba #concellodevilalba