Noticias e alertas

🚨 ALERTA VERMELLA POR CALOR EXTREMA EN VILALBA Ao longo da xornada de hoxe mantense activa a alerta de nivel 3 (vermell...

05/07/2026

🚨 ALERTA VERMELLA POR CALOR EXTREMA EN VILALBA
Ao longo da xornada de hoxe mantense activa a alerta de nivel 3 (vermello) por episodio de calor na zona isoclimática do centro de Lugo, na que se atopa o noso municipio.
➡️ Desde o Concello pedimos á veciñanza que extreme as precaucións e siga as recomendacións dos servizos de emerxencias, especialmente no caso das persoas maiores, dos nenos e nenas de curta idade e das persoas con enfermidades crónicas.
☀️ Lembra:
💧 Bebe auga con frecuencia, aínda que non teñas sede.
🏠 Mantén as vivendas frescas, ventilando a primeira e última hora do día.
🚶 Evita saír ou realizar esforzos físicos nas horas centrais.
👕 Emprega roupa lixeira e de cores claras.
🍉 Prioriza comidas lixeiras e evita o consumo de alcohol.

📞 Ante síntomas compatibles cun golpe de calor ou calquera situación de emerxencia, chama ao 061.
#alcaldía #calorextrema #alertavermella #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies