Noticias e alertas

📚 Apoiar ás familias tamén é construír futuro. ‼️ Cada inicio de curso supón un importante esforzo económico para moita...

06/07/2026

📚 Apoiar ás familias tamén é construír futuro.
‼️ Cada inicio de curso supón un importante esforzo económico para moitas familias. E hai unha realidade que non podemos ignorar: na etapa de Educación Infantil (3-6 anos) non existe ningunha liña de axudas para material escolar por parte doutras administracións públicas.
🤝🏼 Por iso, o Concello de Vilalba destina 12.000 euros á convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar, dando resposta a unha necesidade detectada polos Servizos Sociais municipais e trasladada por numerosas familias.
📌 Porque queremos que Vilalba siga sendo un lugar no que formar unha familia, medrar e desenvolver un proxecto de vida. E iso tamén significa estar ao lado das familias nos pequenos e grandes retos do día a día.
📅 Prazo de solicitude: do 6 ao 17 de xullo (ambos incluídos).
📝 As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica, onde o trámite xa está dispoñible entre os destacados.
#alcaldía #servizossociais #materialescolar #educacióninfantil #axudas

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies