Noticias e alertas

🤝🏼 Vilalba recibiu hoxe a visita do ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, nunha xornada que serviu para amosar...

16/07/2026

🤝🏼 Vilalba recibiu hoxe a visita do ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, nunha xornada que serviu para amosar o potencial e as oportunidades do noso municipio.
🏛️ A alcaldesa, Marta Rouco, recibiu ao ministro na Casa do Concello, onde asinou no Libro de Honra e puido coñecer de primeira man a rehabilitación integral do edificio municipal, executada a través do programa PIREP cun investimento superior aos 1,1 millóns de euros.
🏭 Posteriormente, a visita continuou en Entrepinares, onde a compañía prevé investir 20 millóns de euros na ampliación da súa planta, un proxecto que permitirá crear arredor de 60 novos postos de traballo e que reforza o papel da nosa vila como referente industrial e agroalimentario.
✅ A xornada rematou no Parador de Vilalba, onde recentemente se levaron a cabo importantes traballos de conservación e posta en valor da Torre dos Andrade, un dos grandes símbolos do noso patrimonio e da nosa identidade.
❤️ Unha visita que permitiu mostrar a realidade da Vilalba actual: unha vila que moderniza os seus servizos públicos, que xera oportunidades e emprego e que continúa apostando por conservar e poñer en valor o seu patrimonio e os seus recursos turísticos.
#alcaldía #visita #ministeriodeindustriaeturismo #gobernocentral #concellodevilalba

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies