Noticias y alertas

🏛️ Este xoves celebramos un novo pleno extraordinario no Concello de Vilalba. O equipo de goberno leva á sesión 3️⃣ pro...

05/08/2026

🏛️ Este xoves celebramos un novo pleno extraordinario no Concello de Vilalba.
O equipo de goberno leva á sesión 3️⃣ proxectos para seguir mellorando as infraestruturas municipais, avanzar na eficiencia enerxética e continuar investindo no noso rural.
➡️ Cuberta vexetal de sedum nas piscinas municipais exteriores, logo de acadar unha subvención de concorrencia competitiva que permitirá financiar o 80% da actuación con fondos autonómicos.
➡️ Proxecto para levar a cabo a 2ª fase da renovación do alumeado público do parque empresarial, que permitirá reducir en máis dun 40% o consumo eléctrico.
➡️ Rexeneración dos accesos ao núcleo de Cabanamille (Belesar), unha actuación financiada a través dun convenio coa Deputación de Lugo conseguido pola Alcaldía, que volverá a pleno tras actualizar os prezos para poder licitala de novo.
📌 Seguimos traballando para impulsar proxectos que melloran os servizos públicos, modernizan as infraestruturas municipais e dan resposta ás necesidades dos veciños e veciñas, tanto no casco urbano como nas parroquias.
#alcaldía #pleno #extraordinario #mellorandovilalba #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies