Noticias y alertas

📝✅️ O Vicealcalde e responsable de #urbanismo Modesto Renda anunciou hoxe que o Concello vai revisar o Inventario de Ca...

06/08/2026

📝✅️ O Vicealcalde e responsable de #urbanismo Modesto Renda anunciou hoxe que o Concello vai revisar o Inventario de Camiños Municipal.
ℹ️ Promovido no anterior mandato, o documento estaba a ser obxecto de múltiples solicitudes de modificación e tal e como declarou Renda “había que actuar”.
🟢✍️ Así, dende a Vicealcaldía vense de proceder á contratación da empresa especializada “Procat Ingeniería” por valor de 11.071,50€, a fin de revisar todas e cada unha das alegacións e dos recursos presentados dende a súa aprobación definitiva en outubro de 2023.
🗣 Renda, explicou que o obxectivo fundamental que motivou a decisión é o de “darlle seguridade xurídica aos moitos veciños de vila e parroquias que alegaron” resolvendo “unha a unha” as súas solicitudes.
🗣 “Queremos actuar con rigor e seriedade para deixarlle á veciñanza un inventario á altura, pola vía dun proceso legal e técnico no cal se revisarán diferentes camiños e viais do termo municipal”, explicou.
🗃 Os traballos incluirán o estudo individualizado de cada solicitude, a revisión da documentación achegada polos interesados, as comprobacións técnicas da información cartográfica, catastral, histórica e administrativa dispoñible, así como a elaboración dun informe técnico específico para cada unha das 59 solicitudes, con proposta motivada de estimación, desestimación ou modificación, para a súa posterior valoración e ratificación polos servizos técnicos municipais.
ℹ️ Unha vez emitidas as resolucións por parte do Concello, procederase á rectificación e actualización integral do Inventario de Camiños Municipais, incorporando as modificacións que resulten procedentes tanto na base de datos alfanumérica como na documentación gráfica e planimétrica do inventario.
ℹ️ Logo da aprobación plenaria do documento, acometerase a actualización e instalación da aplicación informática de inventario en dependencias municipais, incorporando a versión definitiva aprobada, así como a actualización do visor web do Inventario xa implementado na páxina web do Concello, garantindo a coherencia entre a documentación aprobada, a aplicación interna e a información pública dispoñible no visor web.
#Vicealcaldía #Vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies