Noticias y alertas

✅️ O Vicealcalde Modesto Renda presentou hoxe unha das medidas máis importantes do que vai de mandato para o #rural. Tr...

12/08/2026

✅️ O Vicealcalde Modesto Renda presentou hoxe unha das medidas máis importantes do que vai de mandato para o #rural. Trátase dun moi ambicioso proxecto de agrupamento de terras de uso agrario que subvencionará o 100% dos gastos notariais e rexistrais dos veciños e gandeiros/as que desexen permutar.
🟢🗣 “Diante da total parálise da Xunta para coas concentracións parcelarias de Román, Goiriz ou Lanzós, non perderemos nin un minuto na crítica e actuamos de xeito decidido e asumindo competencias impropias en beneficio do noso sector agrogandeiro e por un futuro no rural para os nosos fillos e as nosas fillas”, declarou ao inicio da súa comparecencia.
🚜 Porque a iniciativa que se anunciou ten como obxectivo combater a dispersión e o minifundio e favorecer a creación de leiras de grande tamaño que melloren a rendibilidade das explotacións agrarias de Vilalba.
📝 A proposta é pioneira na comarca da Terra Chá, máis tamén en Galicia en termos de financiación, pois tal e como resaltou o Vicealcalde “Friol puxo en marcha hai anos un proxecto similar; pero fíxoo con financiamento da Xunta, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e financiando só unha parte dos gastos notarias das permutas voluntarias”.
✅️ O Concello de Vilalba faráo con financiamento 100% municipal e subvencionando integramente tamén os gastos notariais e rexistrais dos veciños e veciñas que desexen permutar.
ℹ️ CARACTERÍSTICAS DA INICIATIVA 👇
1️⃣ Tal e como explicou Renda, o Marco legal que ampara ao Concello “é claro”, pois estas axudas executaranse baixo a protección da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
2️⃣ O Vicealcalde apuntou á "liberdade absoluta" dos interesados, pois os intercambios que favoreceremos e subvencionaremos deben ser "necesariamente consensuados, bilaterais e mutuos entre os propios donos dos predios.”
3️⃣ Renda puxo enriba da mesa, tamén, os datos en termos de aforro de custos, en tanto que o Concello non só subvencionará á totalidade dos gastos de notaría e inmatriculación no rexistro da propiedade, se non que o propio agrupamento dará pé á creación de extensións cómodas para traballar, o que evitará a perda de tempo xestionando leiras minúsculas e distantes entre si e a consecuente optimización de maquinaria, reducíndose os desprazamentos e as custosas tarifas por hora das empresas de servizos agrícolas.
4️⃣ Por último, o Vicealcalde destacou que a medida freará o abandono, pois gandeiros/as locais poderán ter ao seu dispor terreos de propietarios xubilados e/ou de donos que residen fóra de Vilalba.
📅 PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES 👇
A idea inicial do Concello era a de dar un prazo de un mes dende a publicación no BOP do pasado venres para a presentación de solicitudes; pero Renda anunciou hoxe xa a "inmediata tramitación" dunha modificación das bases reguladoras para amplialo aos 3 MESES, debido ao grande numero de solicitudes previstas e á recomendación das Centrais Sindicais Agrarias coas que, declarou, “estamos e estaremos en permanente contacto durante o proceso.”
🗃 INICIO E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR 👇
As solicitudes deberán presentarse en "MODELO NORMALIZADO" que o Concello facilitará a través da Sede Electrónica e o seu propio sitio web no momento no que a antedita modificación das bases se publique no Boletín Oficial da Provincia (previsiblemente a semana próxima) e este deberá acompañarse de:
✅️ (1) Fotocopia do DNI/CIF.
✅ ️(2) Memoria explicativa da concentración e, se fose necesaria, resolución pola que se
concede o correspondente título habilitante municipal previo;
✅️ (3) Escritura pública e facturas reais do gasto;
✅️ (4) Xustificante bancario acreditativo do pagamento das facturas aportadas;
✅️ (5) Declaración das axudas solicitadas ou obtidas para o mesmo fin;
✅️ (6) Certificacións de estar ao corrente coas obrigas tributarias ante a Facenda pública estatal e autonómica, e a seguridade social.
ℹ️ Aos efectos de facilitar a obtención das certificacións de razón, as bases porán a disposición dos interesados os enderezos web de referencia.
#Vicealcaldía #Parroquias #MedioRural #Vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies