🚗 Vilalba renova o seu parque móbil municipal.
ℹ️ Hoxe incorporamos dous novos vehículos híbridos con distintivo ECO para o uso diario dos servizos municipais.
🔧 Era unha renovación necesaria. Ata agora, o Concello contaba cun único turismo para moitos dos seus desprazamentos e acumulaba múltiples incidencias e reparacións.
📌 Estarán ao servizo do persoal municipal para os diferentes desprazamentos que require a actividade do Concello: desde as visitas a domicilio das traballadoras sociais ata reunións, xestións e outras tarefas fóra da Casa do Concello.
🌱 E non é unha adquisición illada. Estamos renovando progresivamente o parque móbil municipal e incorporando vehículos máis eficientes. Aos dous híbridos que presentamos hoxe súmanse xa un vehículo multifunción 100 % eléctrico e un vehículo patrulleiro híbrido, e temos en marcha a licitación de dúas novas furgonetas eléctricas.
🔋 Unha renovación que responde ás necesidades que temos hoxe, pero que tamén mira cara ao futuro: mellorar os medios cos que traballan os servizos municipais e avanzar cara a un parque móbil máis eficiente e respectuoso co medio ambiente.
#alcaldía #medioambiente #vehículoshíbridos #concellodevilalba