🌿 Este domingo, a feira tamén trae novos proxectos á Praza de Santa María!
🧺 O domingo 4 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas, celebramos a primeira Feira de Futuros/as Produtores/as Profesionais, unha iniciativa do Concello de Vilalba en colaboración coa Asoc. A Estruga
🥕 Haberá diferentes postos de alimentos e bebidas con raíces no territorio, seguindo principios de agroecoloxía e produción de proximidade.
🌱 Ademais, contaremos cun punto informativo para persoas interesadas en converterse en futuras produtoras e produtores profesionais e con actividades para os máis pequenos e pequenas.
❤️ Unha nova proposta para dar vida aos domingos de feira, apoiar a produción local e achegar á veciñanza os proxectos que nacen e medran arredor do noso territorio.
📍 Praza de Santa María
📅 Domingo, 4 de outubro
⏰ 10:00 – 14:00
#alcaldía #feirasemercados #produtolocal #agroecoloxía #domingodefeira