Noticias y alertas

💧 Comezan as obras de renovación da rede de saneamento da rúa Plácido Peña. 🏗️ Cun investimento global de case 850.000...

05/10/2026

💧 Comezan as obras de renovación da rede de saneamento da rúa Plácido Peña.
🏗️ Cun investimento global de case 850.000 euros, esta actuación permitirá renovar a rede de colectores e, sobre todo, dar solución aos problemas de filtracións de augas residuais e fecais que desde hai anos afectan a algúns garaxes e inmobles da rúa.
🤝🏼 A intervención realízase no marco do convenio entre o Concello de Vilalba e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e permitirá mellorar a estanqueidade, o funcionamento e a durabilidade da rede.
🚰 É tamén un paso máis no traballo que está a desenvolver o Concello para mellorar progresivamente o ciclo da auga en Vilalba, actuando sobre unhas infraestruturas fundamentais aínda que moitas veces non sexan visibles.
🚧 As obras implicarán cortes puntuais na subministración de auga. Esta semana están previstos o xoves 8 e o venres 9 de outubro, entre as 11:00 e as 16:00, nos números 2 ao 8 da rúa Plácido Peña. Poderán ser necesarios novos cortes nas vindeiras semanas, dos que se informará previamente.
🏘️ Ademais, o Concello xa traballa en novas actuacións para seguir mellorando e renovando outros elementos visibles da rúa Plácido Peña.
❤️ Seguimos mellorando Vilalba, actuación a actuación, para dar resposta aos problemas existentes e facer máis cómodos e seguros os espazos e servizos para os veciños e veciñas.
#alcaldía #infraestruturasurbanas #saneamento #ciclodaauga #concellodevilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies