Noticias y alertas

❌ A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, considera “un novo castigo para os nosos veciños e veciñas os orzamentos da Xunta...

21/10/2025

❌ A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, considera “un novo castigo para os nosos veciños e veciñas os orzamentos da Xunta para 2026”, que por sexto ano consecutivo “non inclúen investimentos directos ou proxectos para o noso concello”.
❗"Seis anos e nin un can; Lugo será a provincia que máis reciba por habitante, pero Vilalba debe estar noutra provincia", lamenta Marta Rouco.
“Non por esperada deixa de ser unha nova decepción ver o listado de obras proxectadas en toda a provincia para mellorar as infraestruturas dos concellos, os centros de saúde ou os colexios, mentres que Vilalba segue sen existir para a Xunta”, afirma.
📌 “Temos unha estación de autobuses propiedade da Xunta en estado de abandono e un centro de saúde con numerosas deficiencias, por non falar das numerosas reunións xa mantidas sen éxito co goberno galego para desbloquear a ampliación das infraestruturas de captación e abastecemento de auga, ou a conservación da estrada que une Lugo co Vilalba”, lembra.
“É un desprezo e unha forma de entender a política completamente partidista, xa que así non castigan a un goberno local progresista, castigan aos veciños e as veciñas de Vilalba”, apunta Rouco.
“E mentres esta situación se repite ano tras ano, o concello asume cada vez máis competencias impropias e gastos que lle corresponden á Xunta, por exemplo no Servizo de Axuda no Forgar, a Escola Infantil ou o comedor do centro de educación infantil”, asegura a alcaldesa.
"E ademais, desde a Xunta impoñen todavía máis deberes aos concellos, como no tema da limpeza das franxas secundarias", sostén.
A Xunta recadou por outra parte máis dun millón de euros nos últimos cinco anos en Vilalba polo canon da agua, dos que non investiu nada ni concello.
“Seguirei loitando e reclamando un trato digno para Vilalba, un concello cabeceira da comarca da Terra Chá borrado do mapa pola Xunta desde o ano 2019”, remata.
#alcaldia #vilalba

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies