👀 Lembra! O martes 17 de febreiro temos cita co desfile de Entroido en Vilalba.
🎭 Aínda estás a tempo de participar nas distintas categorías: individual infantil, individual adulto, grupos, comparsas infantís e comparsas adultas ou mixtas, co reparto de 🏆 máis de 5.000 euros en premios!
📩 Inscricións abertas a través do correo paula.vigo@vilalba.es ata o xoves 12 de febreiro.
🕟 A partir das 16:30 horas, o desfile de Entroido percorrerá as rúas da vila desde a Estación de Autobuses ata a Praza da Constitución, enchendo Vilalba de disfraces, música e bo ambiente coa animación de Os Bregadiers.
🎉 Unha xornada para saír á rúa, participar e gozar do Entroido xuntos. E lembra que a programación vén cargada de actividades para todos os públicos!
#alcaldia #infanciaexuventude #entroido2026 #desfiledeentroido #concellodevilalba