Noticias e alertas

📈 ‘VILALBA CONTIGO’ EN CIFRAS ✅ O Concello de Vilalba destina a gasto social un de cada tres euros do seu orzamento, que este a...

18/04/2024

📈 ‘VILALBA CONTIGO’ EN CIFRAS



✅ O Concello de Vilalba destina a gasto social un de cada tres euros do seu orzamento, que este ano é de 13.253.403 euros.



✍️ “A principal partida é para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ao que o concello destina este ano 3,4 millóns de euros. Conta neste momento con 143 traballadores e atende a día de hoxe a 311 veciños e veciñas de Vilalba (14.700 horas mensuais)”, lembra a alcaldesa, Marta Rouco.



👧 Tamén é de xestión municipal o comedor da Escola de Educación Infantil, que este curso ofreceu 68 prazas en dúas quendas para nenos e nenas de 3 a 6 anos. O investimento por parte do concello supera os 81.000 euros neste curso.



⏰ Por outra parte, o concello asumiu no verán de 2021 a xestión do servizo de Madrugadores nos centros de Educación Infantil e Primaria de Vilalba, cun investimento por curso duns 20.000 euros e 60 prazas.



👉 O Centro de Información á Muller (CIM) de Vilalba pechou o ano 2023 con 1.078 consultas, máis de 20 semanais, a maior parte de asesoramento xurídico e atención psicolóxica.



📌 Son algunhas das cifras e os servizos de 'Vilalba Contigo', o novo programa a través do cal coordinaremos todas as políticas sociais municipais para mellorar a súa eficiencia.



#vilalbacontigo



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies