Noticias e alertas

📚 Onte, 23 de abril, foi o Día do Libro e para seguir conmemorándoo traémosvos unha noticia moi ilusionante! 🔎 A Biblioteca Mu...

24/04/2024

📚 Onte, 23 de abril, foi o Día do Libro e para seguir conmemorándoo traémosvos unha noticia moi ilusionante!



🔎 A Biblioteca Municipal anda na procura dunha mascota e para atopala quere facervos partícipes a todos os nenos e nenas de Vilalba



🎨 Polo que hoxe abre o concurso de deseño da mascota no que poderá participar todo o alumnado dos centros educativos do Concello de Vilalba, cun máximo dun deseño por persoa



🖌️ O único requisito que debedes cumprir é presentar un deseño orixinal, convertible en marioneta e ambientado nun personaxe ao que lle guste vivir entre libros e queira gozar de mil aventuras



🗓️ E como podedes facer para participar? Pois botando a andar a vosa creatividade e imaxinación e deseñando unha mascota sobre un papel ou cartolina en tamaño A4 e entregándoo na Biblioteca Municipal ata o vindeiro luns 20 de maio



✉️ Para poder proceder á entrega deberedes introducir o voso papel, acompañado dunha nota co nome, apelidos e idade do/a autor/a, nun sobre pechado



🥳 E por suposto...a creatividade terá premio! O deseño elixido será agasallado cun lote de libros por valor de 50€



😃 Animádevos a participar!



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies