25/03/2024
📚 Aínda non vos sumastes ao Reto Lector 2024? Pois se estades interesados/as, deberedes facelo antes de que remate o mes!
ℹ️ O Reto Lector é unha iniciativa da Biblioteca Municipal que consiste na lectura dun libro cada mes dun xénero determinado
2️⃣ Ademais, a iniciativa conta con dúas categorías diferentes, unha para os lectores adultos e outra para os usuarios infantís
🔎 Na Biblioteca Municipal atoparedes cada mes unha selección de libros do xénero correspondente pero se o preferides poderedes escoller, segundo as vosas preferencias, a lectura que desexades facer relacionada coa temática fixada
🎁 Unha vez remate o ano, todas as persoas que consigan superar o Reto Lector recibirán un detalle por parte da Biblioteca Municipal e entrarán nun sorte dunha cesta de libros por valor de 100€ (unha para os lectores adultos e outra para os infantís)
⚠️ Pero ollo! Para poder sumarvos ao reto deberedes recoller a cartilla na biblioteca antes de que remate o mes de marzo
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies