Noticias e alertas

🫱🏽‍🫲🏼 O Concello poderá aportar a axuda económica ás festas patronais das parroquias grazas a unha colaboración lograda pola alc...

19/04/2024

🫱🏽‍🫲🏼 O Concello poderá aportar a axuda económica ás festas patronais das parroquias grazas a unha colaboración lograda pola alcaldía coa Deputación Provincial de Lugo



👥 A alcaldesa, Marta Rouco, reuniuse en días pasados co presidente da Deputación, José Tomé, para expoñerlle a necesidade de colaboración do ente provincial; e esta mesma mañá a Xunta de Goberno provincial aprobou a colaboración entre ámbalas dúas institucións



🎉 Deste xeito, as comisións de festas vilalbesas recibirán, tal e como viña acontecendo en anos anteriores, as subvencións nominativas do Concello para facer fronte aos gastos dos festexos patronais



🗣️ "É algo que me comprometín persoalmente a solucionar cando se presentaron os orzamentos deste 2024 e se decidiu non adicar ningún fondo á partida correspondente ás subvencións nominativas das festas patronais" explicou a rexedora, Marta Rouco



💬 Ademais, a alcaldesa asegurou que se trata de "axudas moi importantes porque manter vivas as nosas tradicións e as festas patronais das nosas parroquias é fundamental para dinamizar o noso concello"



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies